Nacin nunha aldea da beira da Ria da Arousa, camiño da montaña. A miña familia e case toda da comarca do Barbanza, mais tamén teño familiares que emigraron ao Brasil e Arxentina. O alcume de Muiños vennos do enxeñeiro que traballou no peirao de Carril e na ponte da Illa da Toxa.
Dende novo traballei co meu pai e sempre estiven comprometido con grupos ecoloxistas e núcleos de antropoloxía.
Como creador empecei aos doce anos escribindo poemas e chistes. Nos anos 90 publiquei algúns artigos en revistas especializadas en ecoloxía e cultura marítima. E no Concello de Rianxo presentei o proxecto de Escola Medioambiental Mariñeira.

As miñas fontes de inspiración surxen dos paseos polo monte, navegar, conversar, escoitar historias de transmisión oral, algunhas leituras, conversas coas persoas, o agarimo dos animais e as citas coa música.
